O Concello licita obras de humanización en 14 rúas de 10 parroquias por 1.145.000 euros
O goberno municipal aprobou hoxe a licitación das obras de humanización de 14 rúas dun total de 10 parroquias da cidade. Contarán cun investimento de 1.145.000 euros.

Abel Caballero anunciou este venres que no primeiro trimestre de 2025 o Concello de Vigo comezará as novas obras de humanización nas rúas de 10 parroquias da cidade, que estarán finalizadas nun prazo de sete meses.
O alcalde explicou que as actuacións contemplan a renovación de “todo o pavimento do trafico e as zonas de aparcamento”.
Humanizacións
- Rúa Babio, en Matamá.
- Camiño Lagarella, en Matamá
- Estrada Venda, en Beade
- Estrada Gándara, en Valadares
- Rúa Muíños, en Comesaña
- Camiño San Lourenzo, en Coruxo
- Senda Monte da Serra , en Sárdoma
- Rúa Manuel Álvarez, en Cabral
- Rúa Fontaíña, en Cabral
- Rúa Riomao, en Cabral
- Avenida Santa Mariña, en Cabral
- Rúa Subride, en Lavadores
- Camiño Sampaio de Abaixo, en Sampaio
- Camiño Devesa, en Candeán