Escoitar

O goberno de Vigo aproba a próxima semana o Plan Especial de Infraestruturas e Dotacións para a Biblioteca do Estado

O executivo municipal aprobará a semana que vén, na Xerencia de Urbanismo e na Xunta Local de Goberno, o Plan Especial de Infraestruturas e Dotacións para a localización da Biblioteca do Estado en Vigo entre as rúas Lalín e Coruña.

venres, 20 set 2024

Abel Caballero explicou hoxe que tras a aprobación a próxima semana, primeiro polo Goberno municipal e posteriormente polo pleno da Corporación Municipal, do Plan Especial de Infraestruturas e Dotacións, o executivo vigués estará “en condicións de ceder as parcelas” ao Goberno de España para que proceda a construír a Biblioteca do Estado en Vigo.
O rexedor adiantou que xa contactou co executivo central para trasladarlle que “están en disposición, unha vez que teñan o chan, de proceder co proxecto e coa obra”.
Caballero lembrou que a valoración realizada polo exministro de Cultura Miquel Iceta sinalaba que o investimento que require o proxecto é de 22 millóns de euros.
O alcalde remarcou a oposición do grupo municipal do PP ao proxecto concertado co Goberno estatal para que a cidade conte cunha Biblioteca Estatal nunha parcela situada entre as rúas Lalín e Coruña. “Tentaron paralo por todos os medios, pero neste momento está definitivamente en marcha e de forma irreversible”.

Descargar todas as imaxes