Eudosio Álvarez substituirá a Elena Maure como concelleiro de Patrimonio Histórico

mércores, 22 abr 2009

Eudosio Álvarez será o novo concelleiro de Patrimonio Histórico en substitución de Elena Maure, segundo anunciou este mércores o tenente de alcalde, Santi Domínguez. Nunha comparecencia conxunta, o tenente de alcalde indicou que esta decisión do grupo municipal do BNG, foi ratificada onte polo Consello Local e comunicada a primeira hora de hoxe ao alcalde da cidade.

Tenencia de Alcaldía e Provigo agardan contar co apoio da nova Xunta para abrir novas liñas en Peinador

martes, 21 abr 2009

O tenente de alcalde, Santi Domínguez, destacou este martes que a Tenencia de Alcaldía e a Concellería de Turismo retomarán o traballo que viñan desempeñando coa Fundación Provigo para establecer novas liñas aéreas en Peinador. Así o explicou o concelleiro tras a xuntanza que mantivo co novo xerente da Fundación, José Francisco Armesto, aínda que ambos puntualizaron que este obxectivo depende do respaldo da Xunta, polo que sinalaron que cando o novo goberno autonómico "estea asentado" é preciso reiniciar as conversas.

O Instituto Álvaro Cunqueiro faise co segundo premio, e o xurado outorga unha mención especial ao IES Santa Irene

Escolas Nieto gaña o Premio Reconquista cunha viaxe a París para a clase vencedora

venres, 17 abr 2009

O centro educativo Escolas Nieto vén de gañar o Premio Reconquista, que galardoa aos mellores traballos escolares sobre a efeméride histórica que este ano cumpre douscentos anos. Máis de vinte alumnos deste colexio, acompañados polos seus profesores, disfrutarán dunha viaxe a París, ao acadar o primeiro premio do certame, segundo o fallo do xurado.

Tenencia de Alcaldía e o Consulado de Dinamarca colaborarán para potenciar a imaxe turística de Vigo

xoves, 16 abr 2009

O tenente de alcalde, Santi Domínguez, asegurou este xoves que a Tenencia de Alcaldía e a Concellería de Turismo desenvolverán proxectos conxuntos co Consulado de Dinamarca en Vigo para potenciar a imaxe turística da cidade neste país nórdico. O concelleiro fixo estas declaracións tras a xuntanza que mantivo co cónsul de Dinamarca na cidade, José Antonio de Román.

Santi Domínguez expresa os seus parabéns a Chano Rodríguez e amosa o seu apoio para Londres 2012

martes, 14 abr 2009

O tenente de alcalde, Santi Domínguez, e o concelleiro de Deportes, Xabier Alonso, expresaron este martes os seus parabéns a Chano Rodríguez pola concesión da Medalla de Ouro ao Mérito Deportivo por parte do Consejo Superior de Deportes. Tras manter unha xuntanza co deportista, o nacionalista salientou que Chano Rodríguez contará co apoio da Tenencia de Alcaldía e a Concellería de Deportes de cara ás vindeiras Olimpiadas, que se celebrarán en Londres no 2012.

Tenencia de Alcaldía e Federación Veciñal renovan a súa colaboración e promocionarán Vigo no estranxeiro

martes, 14 abr 2009

O tenente de alcalde, Santi Domínguez, anunciou este martes a renovación do convenio coa Federación Veciñal Eduardo Chao, que nesta ocasión ascenderá a 60.000 euros, e que "plantexa outros marcos de colaboración como a promoción da cidade a través de diferentes actividades fóra das nosas fronteiras". O concelleiro así o explicou tras a xuntanza que mantivo coa presidenta da Federación Veciñal, Elena Fernández, quen destacou que a entrevista foi "positiva, moi interesante porque nela se falaron de temas que son moi importantes para a cidade".

Santi Domínguez afirma que o Plan de Usos do Porto "está no bo camiño para chegar a consensos"

mércores, 8 abr 2009

O tenente de alcalde, Santi Domínguez, afirmou este mércores que as propostas do Plan de Usos do Porto "están no bo camiño para chegar a consensos". O nacionalista realizou estas declaracións tras a xuntanza que mantivo hoxe co presidente da Autoridade Portuaria de Vigo, Xesús Paz, que cualificou de "moi cordial", e que tivo como obxectivo explicar polo miudo ao tenente de alcalde as liñas xerais do Plan de Usos e do Plan Estratéxico do Porto.

Santi Domínguez asegura que o Mundial de Hóckey é un proxecto de cidade que deixará un gran retorno económico

martes, 7 abr 2009

O tenente de alcalde, Santi Domínguez, subliñou hoxe que o Campionato do Mundo de hóckey a patíns é "un proxecto de cidade" e que reportará a Vigo un retorno económico "moi importante", ao asegurar un mínimo de "1.200 persoas só entre participantes, organización e medios de comunicación", pero sen contar aos familiares e compañeiros que acompañan aos deportistas. Por iso pediu "que Vigo se implique no evento" para conseguir que sexa "o mellor Mundial da historia".