As actividades de verán continúan en Vigo-Zoo

luns, 1 ago 2005

Vigo-Zoo está a ofrecer este verán unha serie de actividades coas que pretende atraer máis visitantes e converterse no zoolóxico de referencia en toda Galicia e o Norte de Portugal. Entre estas actividades están as visitas guiadas, a posibilidade de pasar un día no zoo, charlas e un concurso de cómics.

Pavimentado da Avenida das Camelias

venres, 1 abr 2005

Entre os días 4 é o 24 deste mes de abril, procederase a renovación do pavimento na rúa Avda. das Camelias, no treito comprendido entre as rúas Alvaro Cunqueiro e Marqués de Alcedo.

Vigo-Zoo ampliará a súa superficie en 10.000 metros cadrados

luns, 31 xan 2005

O zoolóxico da Madroa ampliará a súa superficie en máis dun 15 cento. Así o acordaron hoxe os integrantes do Organismo Autónomo de Vigo-Zoo, que tamén deron o seu visto bo a dous convenios de colaboración, un coa Universidade e outro co CSIC. Unhas 102.000 persoas visitaron Vigo-Zoo o ano pasado, un 16 por cento máis que en 2003.