Escoitar

No último ano, Vigo aumentou nun 25% os puntos de luz sen incrementar apenas o consumo

A concelleira de Servizos Xerais, Isaura Abelairas, presentou este xoves o seu plan de mellora do alumeado público, que conta con dous obxectivos principais: reducir a contaminación medioambiental e aforrar enerxía. Estas actuacións no alumeado público permitíu que, no último ano, se ampliaran nun 25% os puntos de luz incrementando únicamente un 2,5% o consumo.

xoves, 9 out 2008
1223557897isaura.jpg
A edil de Servizos Xerais, Isaura Abelairas, presentou os bos resultados do plan municipal de mellora do alumeado público que está a desenvolver o seu departamento na cidade. Abelairas explicou que, neste último ano, Vigo conta cun 24,51% de puntos de luz máis que no período anterior mentres que o consumo so se incrementou nun 2,51%.

O plan de mellora ten un dobre obxectivo: a redución da contaminación ambiental e alumínica e o aforro enerxético. Para conquerilos, o departamento que dirixe Isaura Abelairas está a aplicar diversas medidas, como a revisión e cambio dos condensadores do alumeado público, o que reduce o consumo, ou o cambio de lámpadas ineficientes e contaminantes por outras de maior rendemento enerxético e menor contaminación e custo de mantemento.

Ademais, o servizo municipal de Electromecánicos está a instalar nos parques luminarias "antivandálicas", segundo explicou Abelairas, máis eficientes e con maior estanqueidade, o que se agarda poida soportar posibles actos vandálicos. Tamén se está a empregar redutores e estabilizadores de fluxo -para limitar os picos de intensidade e reducir a tensión de entrada e saída, aforrando enerxía- e se instalou novos cadros homologados de alumeado público.

Outra actuación salientada pola concelleira é a revisión das liñas eléctricas de alumeado. Abelairas indicou que este proceso, que está en período de probas, está informatizado e detecta automática e inmediatamente a manipulación ou roubo de cables, algo que está a suceder especialmente no rural, afirmou a edil.

Melloras nos parques
Isaura Abelairas destacou asemade as melloras alumínicas efectuadas na escalinata do Castro, onde se substituíron 185 luminarias por outras máis eficientes e garantidas por 10 anos. O aforro enerxético anual conseguido con esta actuación ascende aos 86.000 kwh e investiuse na mesma 70.000 euros.

Ademais, a edil salientou tamén que no Parque de San Sebastián cambiáronse 17 luminarias e 11 balizas, o que conleva un aforro enerxético anual de 730 kwh con 8.000 euros de investimento.

Descargar todas as imaxes