venres, 10 outubro 2008

A partir do martes quedarán 3 carrís hábiles en Jenaro de la Fuente polas obras do parking

Desde o próximo martes 21 de outubro e ata aproximadamente abril, os vehículos privados unicamente poderán circular en sentido ascendente, Travesía de Vigo-Aragón, xa que o carríl descendente queda en exclusiva para o transporte público. O concelleiro de Transporte e Mobilidade, Xulio Calviño, presentou este venres a nova ordenación do entorno de Jenaro de la Fuente debida ás fases I e II do aparcadoiro soterrado que comezan o martes. <br />

O Concello encargará a demolición da primeira planta da nave do Gorxal para retirar os deterxentes

venres, 10 out 2008

O alcalde explicou que dúas empresas presentaron as propostas de retirada dos deterxentes restantes na nave, operación que costará uns 300.000 euros e durará dous ou tres meses, e sobre a que se tomará unha decisión o próximo luns. Ambas empresas se mostraron de acordo na necesidade de demoler todo o forxado da primeira planta para asegurar a zona antes da retirada dos produtos.

Máis de 70 stands participarán no IFEVI na primeira feira de liquidacións de stocks do comercio vigués<br />

venres, 10 out 2008

O IFEVI acollerá os días 18 e 19 de outubro "Stockaxe", a primeira feira de liquicacións de stocks do comercio vigués, segundo anunciou este venres o tenente de alcalde e concelleiro de Comercio, Santi Domínguez. "É unha boa forma de axudar ao comercios nestes momentos de crise, e paliar os efectos dunha temporada de verán regular tirando a mala", salientou o tenente de alcalde na presentación do evento, na que tamén participou a presidenta da Federación do Comercio de Vigo (FECOVI), Encarna Álvarez.

Xabier Alonso salienta o incremento de participantes no programa "Vigo en xogo" 2008-2009

venres, 10 out 2008

O concelleiro de Deportes, Xabier Alonso, destacou este venres o incremento de participantes na nova temporada do programa de competicións deportivas non federadas de fútbol 7, futbol sala e baloncesto "Vigo en xogo". Así, na presentación do programa, na que tamén participou presidente da Agrupación Deportiva de Vigo, Alejandro Costas, o edil nacionalista sinalou que se pasará de 315 equipos na convocatoria pasada a 320 equipos na edición correspondente a 2008-2009.<br />