Escoitar

A partir do martes quedarán 3 carrís hábiles en Jenaro de la Fuente polas obras do parking

Desde o próximo martes 21 de outubro e ata aproximadamente abril, os vehículos privados unicamente poderán circular en sentido ascendente, Travesía de Vigo-Aragón, xa que o carríl descendente queda en exclusiva para o transporte público. O concelleiro de Transporte e Mobilidade, Xulio Calviño, presentou este venres a nova ordenación do entorno de Jenaro de la Fuente debida ás fases I e II do aparcadoiro soterrado que comezan o martes. <br />

venres, 10 out 2008
1223642838plano0.jpg
O concelleiro de Transporte e Mobilidade, Xulio Calviño, presentou este venres a nova ordenación de tráfico para o entorno de Jenaro de la Fuente, que entra en vigor o vindeiro martes 21 de outubro e durará ata abril, por mor da construción das fases I e II do aparcadoiro soterrado que se está a construír na zona.

Calviño explicou que Jenaro de la Fuente pasa a contar con tres carrís habilitados para a circulación: dous en sentido saída da cidade, Travesía de Vigo-Aragón, para todo tipo de vehículos, e un carril descendente ata o centro de uso exclusivo para o transporte colectivo: bus e taxi.

Ademais, indicou o edil, cambia a sinalización no entorno, e os xiros á esquerda desde Jenaro de la Fuente ata Cataluña e Extremadura quedan prohibidos así como desde Cataluña e León. Asemade, as rúas Numancia e Cataluña, no seu tramo máis próximo a Jenaro de la Fuente, terá prohibida a circulación salvo aos garaxes.

O concelleiro sinalou que, para desviar aos vehículos, se cambia o sentido da rúa Numancia, no tramo de despois da rúa Vizcaya, pasando a ser en dirección Travesía de Vigo. Tamén cambia a rúa Asturias, entre Numancia e Extremadura, que pasa a derivar o tráfico ata a rúa Aragón.

Con estas medidas, o departamento de Transporte e Mobilidade quere dirixir aos vehículos por Travesía de Vigo e Vía Norte no seu traxecto ata o centro da cidade, segundo avanzou o seu titular.

Unha vez rematen as dúas fases do aparcadoiro, as obras pasarán cara o lado impar de Jenaro de la Fuente, cunha duración estimada de tres meses e medio, e a ordenación do tráfico quedará igual que coas fases I e II. Na fase IV da obra, a ordenación será de dous carrís por sentido para uso xeral, o que coincidirá coa situación definitiva unha vez rematadas as obras.

Xulio Calviño adiantou que se instalará a nova sinalización e diversos paneis informativos cos desvíos recomendados pola Concellería de Transporte no entorno da zona afectada.
1223642838plano0.jpg
1223642913plano1.jpg
1223642927plano2.jpg
Descargar todas as imaxes