xoves, 9 outubro 2008

O Consorcio do Casco Vello investirá 220.000 euros na mellora do entramado viario do barrio histórico vigués

O presidente do Consorcio do Casco Vello e tenente de alcalde de Vigo, Santi Domínguez, anunciou este xoves que ata final de ano o Consorcio investira un total de 220.000 euros no desenvolvemento de obras de mellora no entramado viario do barrio histórico vigués. Domínguez realizou este anuncio tras unha reunión celebrada no Centro Cívico do Casco Vello na que participaron todos os colectivos e empresas que na actualidade realizan actuacións nesta zona, que ten como obxectivo coordinar os diversos traballos que se están a levar a cabo.

O Plan Local de Drogas celebra diversos actos ao longo de outubro con motivo do Día Mundial da Saúde Mental

xoves, 9 out 2008

Con motivo da celebración do día Mundial da Saúde Mental mañá 10 de outubro, o Plan Local de Drogodependencias e outras Adiccións (PLDA), dependente da Concellería de Benestar Social, así como outras asociacións que traballan na área da saúde mental, desenvolverán diversos actos ao longo deste mes de outubro. Nunha carta conxunta, a concelleira de Benestar Social do Concello de Vigo, María Méndez, o responsable de Saúde Mental do área sanitaria de Vigo, Javier Pérez Montoto, e o director do Plan Local de Drogodependencias e outras Adiccións, Francisco Otero Lamas, instan á cidadanía viguesa a participar nas actividades planificadas.

A Concellería de Cultura convoca o primeiro Premio Pacheco- Prósperi de ensaio, dotado con 11.000 euros <br />

xoves, 9 out 2008

O concelleiro de Cultura, Xesus López, anunciou este xoves a convocatoria do primeiro Premio Pacheco-Prósperi de Ensaio, dotado con 11.000 euros e enmarcado nas actuacións que se están a desenvolver para acadar a posta en valor do arquivo. "Coa convocatoria deste premio estamos a cumprir cunha das obrigas adquridas polo Concello de Vigo no momento da súa adquisición", salientou o edil.

Curso sobre "Mediación Social Intercultural"

xoves, 9 out 2008

A Oficina de Inmigración do Concello organiza un curso básico de "Mediacion Social Intercultural" dirixido a persoas tanto estranxeiras como locais, empadronadas en Vigo, que queiran tomar contacto coa realidade local e mediar no proceso de integración entre a sociedade de acollida e os novos/as vigueses e viguesas.

O Infobus esta o venres na praza da América

xoves, 9 out 2008

Este venres día 10 sairá a rúa novamente o Servizo de Información Xuvenil Móbil da Concellaría de Xuventude de Vigo. No infobús, podese tramitar o novo carne xove (de 12 a 30 anos) ou solicitar información referente a estudios, emprego, actividades de ocio ou calqueira outro tema de interese.