Escoitar

O alcalde recibe ao cónsul arxentino para Galicia, Asturias e Castilla León, ubicado en Vigo

Abel Caballero se entrevistou este venres con Roberto Eduardo Gudiño, o novo Cónsul da República Arxentina para Galicia, Asturias e Castilla León, con sede en Vigo. Gudiño plantexou as campañas de divulgación comercial de empresas arxentinas que levarán a cabo en Vigo, e invitou ao alcalde a viaxar a Arxentina o próximo mes de novembro.

venres, 10 out 2008
1223643330P1010089.JPG
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, recibiu este venres na Alcaldía ao novo Cónsul da República Arxentina para Galicia, Asturias e Castilla León, Roberto Eduardo Gudiño, que terá a sede do Consulado en Vigo.

Tras a reunión, o alcalde explicou que a presencia do Cónsul arxentino na cidade se suspendera por razóns persoais en 2006, para se retomar agora. Ademais, indicou o rexedor que a subcónsul permanecerá en Vigo.

Tal e como explicou Abel Caballero, o Cónsul adiantou que levarán a cabo unha campaña divulgativa comercial de empresas arxentinas na cidade, e se ofreceu a colaborar no contrario. Ademais, o alcalde foi invitado a viaxar a Arxentina o mes de novembro.

O Cónsul solicitou asemade ao alcalde que se localice e se repoña nalgún punto de Vigo o busto de San Martín que obraba con anterioridade na Estación Marítima, antes de ser retirado para a construción do centro comercial A Laxe. Abel Caballero afirmou que se comezou a procura da obra.
Descargar todas as imaxes