venres, 23 mai 2014
O alcalde participou na mañá deste venres dos actos conmemorativos do Dia da Policía Local, xornada na que se fixo entrega de galardóns en recoñecemento da súa labor aos efectivos policiais que levan 20, 25, 30 ou 40 anos. Durante o acto, Caballero agradeceu aos axentes a súa profesionalidad e entrega, ao tempo que eloxiou a cooperación entre todas as forzas de seguridade do Estado para facer de Vigo "a cidade segura que é". O acto rematou con exhibicións dalgunhas das accións que os axentes realizan de xeito habitual.
luns, 19 mai 2014
O concelleiro de Seguridade, Mobilidade e Xestión Municipal, Carlos López Font, relatou a importancia que teñen estas actividades, dirixidas nesta ocasión aos máis maiores, para incrementar a seguridade persoal e axudar na prevención de accidentes. Os cursos terán unha orientación práctica e interactiva e farase incidencia na importancia da visibilidade cando se transita por vías urbanas e interurbanas.
mércores, 30 abr 2014
O alcalde, Abel Caballero, e o edil de Transportes, David Regades, presentaron este mércores o novo sistema cos responsables de VITRASA, novo en Galicia e xa habilitado nas case 1.200 paradas da cidade. A través dun código QR ou aproximando o móbil NFC, o usuario obtén información no seu dispositivo en tempo real.
luns, 21 abr 2014
O alcalde cifrou a rebaixa da achega municipal a Vitrasa en 300.000 euros, froito do análise realizado do custe real do servizo das lanzadeiras ao campus. Os técnicos municipais informaron que o prezo é de 3,88 euros por vehículo e quilómetro, moi lonxe dos 5,26 euros acordados polo Concello nos anos 2000 e 2001.
mércores, 16 abr 2014
O alcalde explicou este mércores que Vigo xa está a participar en tres proxectos europeos e opta a conseguir outros tres que totalizan un financiamento de 30 millóns de euros. Caballero avanzou que "queremos poñelo en contacto co CTAG, o CEAGA e o desenvolvemento do ámbito da automoción en Vigo".
venres, 11 abr 2014
Este venres, o alcalde visitou un dos cursos que ofrece o Equipo de Vixilancia e Apoio Policial (EVAP) da Policía Local de Vigo ás vítimas de violencia de xénero, a undécima edición dun programa que formou en defensa propia a 114 mulleres. Caballero anunciou que as bases municipais para o aluguer de vivendas incluirán a este colectivo.
xoves, 20 mar 2014
A remodelación do Parque de Bombeiros de Teis iniciarase nunha semana e os traballos estenderanse durante 7 meses. Tal e como avanzou o rexedor, cando remate esta obra, comezarase coa remodelación do Parque de Balaídos co obxectivo de convertila que se convirta na principal instalación de bombeiros da cidade.
martes, 18 mar 2014
O novo vehículo presta servizo desde hoxe martes na liña Circular a modo de proba. O alcalde salientou as vantaxes medioambientais do híbrido -o aforro no consumo de combustible e a reducción das emisións de CO2- e avanzou que o transporte urbano vigués incorporará dez á súa flota de autobuses no prazo dun ano.
martes, 11 mar 2014
O segundo tenente de alcalde e edil de Seguridade, Carlos Font, presentou este martes a memoria da Policía Local do 2013, que rexistra un incremento dos servizos prestados á cidadanía sobre o ano anterior e un descenso "moi importante" dos falecidos e feridos graves en accidentes. Font salientou a "satisfacción" do goberno local cun corpo que "cada vez presta un mellor servizo e de maior calidade".
xoves, 27 feb 2014
A velocidade promedia do tráfico en Vigo aumentou nun 25% nos últimos catro anos o que supón que os veciños reduxeron os tempos de viaxe na cidade nunha cuarta parte. Así o explicou hoxe xoves o rexedor durante unha visita á sala de tráfico da cidade que cumpre 25 anos desde a súa posta en funcionamento.