O goberno de Vigo eloxia a "mellor e maior calidade" dos servizos prestados pola Policía Local

martes, 11 mar 2014

O segundo tenente de alcalde e edil de Seguridade, Carlos Font, presentou este martes a memoria da Policía Local do 2013, que rexistra un incremento dos servizos prestados á cidadanía sobre o ano anterior e un descenso "moi importante" dos falecidos e feridos graves en accidentes. Font salientou a "satisfacción" do goberno local cun corpo que "cada vez presta un mellor servizo e de maior calidade".

200 centros educativos e 15.000 persoas participan nos cursos de educación vial da Policía Local

martes, 25 feb 2014

O equipo de Educación Vial da Polícia Local desenvolve actividades educativas e formadoras destiñadas a colectivos moi variados. Alumnos de educación infantil primaria, secundaria, persoas con necesidades educativas especiais ou sesións informativas en distintas asociacións son algunhas das accións preventivas que desenvolve o Concello a través da Policía Local.

O alcalde coida "imprescindible" unha reunión co conselleiro para tratar o transporte metropolitano

luns, 17 feb 2014

O alcalde de Vigo enfatizou esta mañá a importancia de manter unha reunión bilateral co conselleiro de Infraestruturas, Agustín Hernández, para falar do transporte metropolitano. Co obxectivo de de buscar unha data, Caballero enviulle unha carta con opcións de datas concretas para esta semana ou a que vén porque "este tema merece un tratamento máis riguroso e serio".