venres, 20 ago 2021
A Xunta de Goberno Local aprobou este venres as bolsas de emprego, das que se tirará para sumar quince bombeiros máis ao servizo municipal. Ademais, “de forma inmediata” está previsto que entren os 16 funcionarios que están completando o curso selectivo previo.
mércores, 28 xul 2021
Este mércores, a Corporación aprobou inicialmente a normativa sen votos en contra, coas únicas abstencións dos grupos do PP e Marea. Para apoiar ao sector, o texto, defendido pola tenente de alcalde Elena Espinosa, habilita á hostalería e á restauración a instalar estruturas fixas, incluso en prazas de aparcamento.
martes, 27 xul 2021
A modificación da ordenanza será votada pola Corporación, un cambio “moi importante”, valorou hoxe martes o alcalde, que implicará “máis e mellor hostalería, máis e mellor ocio e máis seguridade en termos Covid”. O texto habilitará terrazas con cerramento estable fácilmente desmontable.
xoves, 22 xul 2021
Estará emprazado nunha parcela municipal situada na rúa Esturáns 2, detrás do estaleiro Barreras, e terá unha superficie de case 2.000 m2. Caballero valorou o emprazamento estratéxico e os servizos cos que contará: “Un novo parque para que os bombeiros teñan as instalacións que require o século XXI”
luns, 19 xul 2021
Abel Caballero mantivo un encontro este luns con representantes do sector hostaleiro da cidade para procurar opcións de ocio accesible e seguro para a mocidade. Mañá terá as primeiras conclusións.
venres, 16 xul 2021
Segundo informou Abel Caballero este venres, o goberno de Vigo aprobou o nomeamento de dezaseis funcionarios para o corpo de extinción e ultima a creación dunha bolsa de traballo coa que cubrirá outra quincena de postos nos Bombeiros de forma interina.
martes, 13 xul 2021
A app Compartaxi xa está dispoñible para descarga nas principais plataformas e permite tanto pedir como compartir un taxi, abaratando o seu custo. O alcalde, que saudou con entusiasmo a proposta, participou este martes na presentación xunto ao presidente da Central Radio Taxi Vigo, Manuel Chorén, e o director de YoTaxi, Héctor Prego.
luns, 12 xul 2021
O alcalde avanzou en rolda de prensa que dende este xoves, 15 de xullo, o transporte urbano verá reforzado o servizo das sete liñas que conectan a cidade coas praias e que incrementan a atención nas horas punta. Amais, o C3 fará o percorrido tódolos días da semana.
venres, 9 xul 2021
Nunha xuntanza coa hostalería, o alcalde agradeceu o traballo do sector e afirmou que “non son culpables da suba dos positivos por COVID-19”. Abel Caballero avanzou que haberá “moita vixilancia” a posibles reunións de persoas nas rúas para facer botellón durante a fin de semana.
xoves, 1 xul 2021
A Xunta de Goberno Local aprobou a compensación á concesionaria do servizo público de transporte urbano colectivo de viaxeiros pola redución de ingresos debido á pandemia do Covid-19.