O Concello reforza o servizo de transporte urbano aos cemiterios
Co obxectivo de atender o incremento da demanda das persoas usuarias de cara á celebración do día 1 e 2 de novembro amplíanse algúns dos servizos actuais ata os camposantos da cidade.

O vindeiro luns, o 1 de novembro, festividade de Tódolos Santos refórzanse tódalas liñas do transporte público que prestan servizo aos cemiterios: Teis: C3; Bouzas: C3, L4A, L4 C, L15A e L15 C; Pereiró: H2, L7, L8, L12 B e L17; Zamáns: L17; Puxeiros: L15 C e L15A en viaxes concretas; Beade: L6 e L27; Candeán: L9 B; Cabral: L11; Matamá: L17; Alcabre: L10, L15A e L15 C e San Andrés: L11 e L29.
Ademais ampliaranse 8 viaxes da liña L15A desde Avenida da Ponte ata o cemiterio de Puxeiros e a contorna do tanatorio Vigo Memorial.