luns, 25 outubro 2021

A bola de Nadal terá 12 metros de altura e contará con 43.000 puntos de luz led

luns, 25 out 2021

Abel Caballero achegouse esta mañá ao inicio da instalación da bola de Nadal que, unha vez máis, se situará no farol de Urzáiz. Con 12 metros de altura e diámetro, contará con 43.000 puntos de luz pixel programable led que permitirán programar vídeos de animación de 6 minutos. O peso deste elemento é de 8 toneladas.

Concello e Deputación investirán na cidade 16 millóns en nove actuacións

luns, 25 out 2021

O organismo provincial aportará case 11 millóns de euros e o goberno local máis de 5 para acometer nove novas obras na cidade ata o ano 2023. Entre elas destacan tres actuacións no Vigo Vertical; humanizacións como a da Avda. Castelao, Martínez Garrido ou San Roque; a primeira fase da recuperación dunar do paseo de Samil e a cobertura do patio do colexio Javier Sensat.