Escoitar

Os cemiterios municipais recuperan “practicamente a normalidade” no 1 de novembro

O alcalde detallou este luns os criterios sanitarios de acceso aos camposantos municipais ante a celebración do día de Todos os Santos a próxima semana que este ano se desenvolverá en condicións de case normalidade.

luns, 25 out 2021
O rexedor durante a súa comparecencia en rolda de prensa
O rexedor durante a súa comparecencia en rolda de prensa

“É a celebración do recordo, da xente que nos deixou en condicións de practicamente normalidade”, explicou Caballero, ao tempo que informaba da apertura de xeito ininterrompida dende as 9:00 horas da mañá e ata as 18:30 horas da tarde dos cemiterios municipais os días 30 e 31 de outubro e 1 de novembro.

Tal e como apuntou, o aforo será do cento por cento e as visitas non terán limite de tempo, aínda que se recomenda o uso de xel para a desinfección e manter as medidas de protección sanitaria. Tamén é recomendable o uso de máscara e, na medida do posible, manter a distancia interpersoal de seguridade de 1,50 metros.

Ademais, o Concello ten exposto o coche fúnebre restaurado do ano 1938 durante toda esta semana e tamén a pasada, cando xa puideron velo as persoas que participan nas visitas guiadas.

 

 

 

Descargar todas as imaxes