xoves, 28 outubro 2021

Javier Pardo acusa á Xunta de non querer solucionar o problema da auga en Vigo

xoves, 28 out 2021

O responsable municipal de Fomento cuestionou esta mañá as críticas da Xunta ás conclusións do estudo de alternativas para mellorar o abastecemento da área de Vigo no que se traballaba desde o ano 2018. Este informe determina establece unha folla de ruta que pasa por facer unha conexión ata Eiras desde a confluencia dos ríos Verdugo e Oitavén, entre outras actuacións de futuro.

Vigo recupera o seu Petisquiño con case 40 locais e tapas desde 1,5 euros

xoves, 28 out 2021

Logo dun 2020 sen certame pola pandemia, a cidade retoma o concurso desde hoxe xoves ata o 14 de novembro, con premios para os establecementos que sirvan os mellores pinchos e sorteos para os clientes. O edil de Comercio, Ángel Rivas, animou á cidadanía a “vivir o sabor” dun “evento consolidado e referente na hostalería da cidade”.