A FEMP pide a “aprobación urxente” dunha norma que achegue seguridade xurídica tras a sentenza sobre plusvalías
A Xunta de Goberno da Federación aproba unha declaración na que demanda, ademais, que a norma garanta a recadación e dotar de fondo de compensación aos municipios pola cantidade non recadada.
A FEMP vai pedir ao Goberno de España a aprobación urxente dunha norma legal que reforme o omposto sobre o incremento do valor dos terreos de natureza urbana de forma que “se garanta a seguridade xurídica dos cidadáns e os gobernos locais e a correspondente recadación para as facendas locais”. Así o recolle a declaración que esta mañá foi aprobada pola Xunta de Goberno da Federación, reunida en Torremolinos.
A recente sentenza do Tribunal Constitucional declara a nulidade dos artigos relativos ao cálculo da base impoñible do imposto e fai imposible a súa aplicación, o que significa unha forte deterioración das finanzas municipais (ao redor de 2.500 millóns de euros anuais). A expensas da publicación da sentenza por parte do alto tribunal, a declaración aprobada hoxe pola Xunta de Goberno recolle, neste sentido, a petición de dotar un fondo de compensación aos concellos polas cantidades non recadadas, e engade que “este concepto debe facerse extensivo ás perdas de recadación orixinadas polas anteriores Sentenzas do Tribunal Constitucional”. Finalmente, a FEMP pide ao Parlamento de España que tramite de urxencia as normas que sexan precisas para poder facer efectivas estas demandas.