Escoitar

O Concello remata a instalación das biondas nos gardarraís da Avenida Arquitecto Palacios

Abel Caballero asegura ser “aliado dos motoristas” e enumera as actuacións de seguridade coa instalación de biondas en máis de 50 rúas municipais.

xoves, 18 nov 2021

A Avenida Arquitecto Palacios xa conta coas novas biondas nos gardarraís para salvagardar a seguridade dos motoristas. O Concello actuará en máis de 50 rúas municipais para reforzar a protección das persoas que utilizan a moto como medio de transporte.

O alcalde declarou en rolda de prensa ser “aliado dos motoristas” da cidade, que conta con cerca de 30.000 vehículos rexistrados e di dar “facilidades porque a moto substitúe ao coche e gaña fluidez no tráfico ademais de que en pouco tempo todas ou case todas serán de eléctricas”. Desde xeito, lembrou que no 2021 houbo rebaixas fiscais, instalación de pasos adiantados, carrís exclusivos e aparcamento nas beirarrúas.

As biondas seguen instalándose na Avenida da Ponte, Avenida do Tranvía, Cortellas, Saa do Monte, Estrada da Balsa, A Madroa, Fragoselo e Clara Campoamor. Estas actuacións teñen un importe de 350.000 euros.

Descargar todas as imaxes