O goberno local adxudica a obra que completará a humanización da rúa Aragón
A sexta e última fase da remodelación foi adxudicada este xoves na Xunta de Goberno Local, segundo informou Abel Caballero, os últimos 310 metros pendentes de reformar para os que Vigo reserva 570.000 euros de orzamento. Ademais, o goberno vigués tamén adxudicou a mellora do entorno do torreiro de Valladares.
“Estamos con isto acabando a humanización da rúa Aragón”, que sumará un orzamento de 7,3 millóns “nunha rúa abandonada da atención dos gobernos de Vigo ata que nós chegamos”, asegurou Caballero este xoves en rolda de prensa.
Só resta por humanizar a marxe impar da rúa, entre o número 185 (á altura do Mercadona) e a intersección coa Travesía os Rosais para completar a actuación municipal en Aragón. Caballero trasladou que esta obra dará continuidade ao modelo existente no entorno, con novos pavimentos, beirarrúas de granito, mellora das redes de iluminación, abastecemento de agua, pluviais e saneamento. Se plantará novo arborado e se instalarán tamén xardineiras.
Ademais, o alcalde recordou a intención do Concello de Vigo de enlazar a rúa Aragón coa Travesía a través de medios mecánicos. O Vigo Vertical unirá ambas rúas nas inmediacións da igrexa da Santa Cura de Ars, un proxecto que rozará o millón de euros e conectará ambas vías á altura do 160 da Travesía e do 203 de Aragón.
Valladares
O Concello acometerá próximamente a mellora do entorno do torreiro de Valladares. A Xunta de Goberno Local adxudicou a obra e “iniciamos o acondicionamento do torreiro de San Campio”, en verbas de Caballero. Cun orzamento de 237.000, o Concello prevé mellorar os accesos peonís e rodados, o pavimento e as canalizacións de pluviais, ademais da reforma do propio palco e instalación de marquesiña, bancos, papeleiras e farois.