luns, 30 xuñ 2014
As arcas públicas aforrarán 3,2 millóns en intereses grazas á amortización de crédito de 11 millóns que aprobou esta mañá a Corporación municipal. Tal e como explicou a tentente de alcalde e presidenta no Pleno, Carmela Silva, esta operación é un paso máis do plan adoptado en 2013 cara á débeda cero e segue a manter a Vigo entre as cidades menos endebedadas de España.
venres, 13 xuñ 2014
Vintetrés dos vintesete concelleiros da Corporación validaron hoxe os "orzamentos máis sociais e de creación de emprego da historia". Así o explicou o rexedor durante unha rolda de prensa posterior a sesión plenaria e na que se amosou "moi satisfaeito" porque Vigo conta co orzamento máis social de toda España.
luns, 2 xuñ 2014
O Pleno da Corporación debatiu e aprobou este luns unha moción presentada polo BNG sobre o aeroporto de Vigo, que foi validada grazas ás abstencións de socialistas e populares. O texto esixe a execución dos investimentos previstos en Peinador e solicita da Xunta o mesmo trato para as tres terminais galegas.
luns, 2 xuñ 2014
A moción presentada polos socialistas no Pleno deste luns, aprobada por unanimidade, reclama da Xunta de Galicia e do Ministerio de Medio Ambiente, Rural e Mariño "que aporten polo menos a mesma cantidade que o Concello de Vigo" a Conxemar. O goberno de Vigo achega 100.000 euros á primeira feira de conxelados do mundo, o dobre do aportado polos gobernos autonómico e estatal.
luns, 2 xuñ 2014
A tenente de alcalde defendeu hoxe a boa xestión económica do Concello esgrimiendo no Pleno os datos do Informe trimestral de Tesourería sobre o cumprimento dos prazos de pago de facturas. Tal e como explicou, o Concello realizou 2.654 pagos cun periodo medio de prazo de 19,93 días, moi por debaixo dos 30 días como máximo que prevé a Lei de Morosidade.
luns, 2 xuñ 2014
A unanimidade do Pleno aprobou na sesión plenaria desta mañá o PERI de o Barrio do Cura, unha peza "fundamental para a recuperación do Casco Vello". A concelleira de Urbanismo, Carmela Silva, foi a encargada de defender un ámbito que suporá inicio do camiño para "rehabilitación integral dunha zona estratéxica para a cidade"
luns, 2 xuñ 2014
Os tres grupos municipais apoiaron a proposta do Partido Popular e enmendada polo grupo nacionalista que pretende instar ao Goberno Municipal e á Xunta a crear un programa para a integración do alumnado con necesidades específicas. No pleno de hoxe, tamén se deu vía libre á consideración da creación dun festival internacional de teatro.