martes, 14 mai 2019
Centos de escolares vigueses e de centros educativos da comarca concentráronse este martes na Praza do Rei, punto de partida do Correlingua 2019, para saír a pasear polas rúas da cidade baixo o lema "O galego é a fórmula". Abel Caballero saudou ao alumnado e profesorado participante na actividade e animounos a vivir e a gozar en galego nesta xornada e cada día.
venres, 10 mai 2019
O concerto terá lugar este venres, 10 de maio, ás 20:30h no Mar de Vigo, con entradas de balde a recoller -ata un máximo de catro- nas billeteiras do Auditorio desde as 17h do mesmo venres.
luns, 14 xan 2019
A Concellaría de Normalización Lingüística organiza un curso de árbores e plantas que será guiado por Marcelo Rodriguez (Faia Educación Ambiental) e Xabier Xil.Neste curso nos achegaremos ás plantas, ás árbores, aos seus usos tradicionais, nomenclaturas, toponimia... A inscrición é de balde a través da web snl.vigo.org
luns, 19 nov 2018
O programa Vigo arrólate organiza o mércores 21 un obradoiro impartido pola pedagoga e educadora infantil María Paredes e destinado a avoas, avós e persoas coidadoras de crianzas de 0 a 6 anos. O taller terá lugar ás 11.30 horas na Casa da Xuventude e ás 18.00 no IME ( Instituto Municipal de Educación)
Aberto o prazo de inscrición
xoves, 15 nov 2018
O Concello organiza o taller de escrita "A viaxe de Navia" para rapazada de 8 a 11 anos, impartido por Xabier Xil Xardón.O obxectivo desta actividade é a elaboración dun relato a partir de situacións, personaxes, pasaxes e pautas dadas.
Aberto o prazo de inscrición
luns, 12 nov 2018
O Concello ofrece unha nova actividade formativa para aprender a elaborar textos de carácter informativo (notas de prensa, artigos, reportaxes e artigos de opinión), para comunicar de xeito máis efectivo. Do 13 de novembro ao 4 de decembro, martes e xoves de 18.30 a 20.30 horas, na aula de informática da antiga reitoría.
luns, 5 nov 2018
A Concellaría de Normalización Lingüística organiza o roteiro "Vigo, peirao Manuel<br />
Antonio", guiado por Xurxo Martínez González o sábado 10.A través desta actividade preténdese dar a coñecer a figura do poeta rianxeiro e a súa vinculación coa cidade de Vigo. Reserva de praza dende o luns 5 de novembro.
mércores, 24 out 2018
O domingo iniciase o programa Vigo Arrólate; espectáculo destinado a xente miúda de entre 0 a 3 anos, con Cé Orquestra Pantasma e os FÍOS DO QUERER. Será no Verbum ás 12 horas
Aberto o prazo de inscrición
martes, 25 set 2018
No mes de outubro comezan novos cursos do CIOV cun amplo abano de opcións formativas que xiran todas elas ao redor da verba e mais do patrimonio oral. Dende obradoiros de treatro e poesía, a cursos para sermos regueifeiras e contadoras de historias.<br />
venres, 24 ago 2018
Abel Caballero visitou este venres a praia de Argazada, xunto a Samil, onde o goberno vigués promove en xullo e agosto o programa "Libros ao sol". O alcalde subliñou o éxito dunha iniciativa coa que se procura fomentar a literatura galega e a lectura en galego.