Obradoiro de improvisación teatral

venres, 12 feb 2016

A Concellaría de Normalización Lingüística vai levar a cabo un obradoiro de improvisación teatral, de 21 horas, destinado a adolescentes ou persoas adultas non profesionais no eido das artes escénicas. Previamente haberá dúas charlas explicativas nas que se achegarán os contidos e as dinámicas de traballo aos potenciais participantes do obradoiro.<br /> <br />

Cursos do Centro de Interpretación da Oralidade de Vigo -CIOV

mércores, 13 xan 2016

A Concellaría de Normalización Lingüística, a través do CIOV, continúa cos cursos de achegamento á improvisación oral.Tal e como se ven facendo noutros anos, as aulas van programarse para o segundo e terceiro trimestres do curso 2015-2016, entre os meses de xaneiro a maio en horario de tarde.O CIOV está no camiño do Chouzo, 2, no Instituto Municipal de Educación (IME)