Escoitar

Caballero louva a calidade artística de Vigo: a man da xente, texto inédito de Carlos Casares

O alcalde eloxiou esta mañá a calidade artística do texto e das ilustracións de Vigo: a man da xente, un relato case inédito de Carlos Casares que Galaxia vén de publicar co apoio do Concello de Vigo. Esta colaboración permitirá editar 9.000 exemplares que se repartirán en centros educativos.

martes, 2 mai 2017
1493727973casares.jpg
O rexedor cualificou esta mañá como a "crónica dun éxito anunciado" a edición do libro Vigo: a man da xente, un relato curto de Carlos Casares, homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas. Na presentación, Caballero manifestou o seu entusiasmo co proxecto, de grande valor artístico, no que destacou a calidade das ilustracións, obra de Gloria García, unha ilustradora moi nova, que tamén estivo presente na rolda de prensa.

O director da Editorial Galaxia, Francisco Castro, agradeceu a colaboración ao Concello de Vigo porque permitirá que 9.000 familias viguesas conten con este libro na súa casa a través dos alumnos da ESO entre os que se distribuirá nos distintos centros educativos da cidade. Pola súa banda, Gustavo Garrido, explicou que o texto, case inédito, sobre a historia da cidade foi asinado polo autor en 2001.

Descargar todas as imaxes