O goberno local apoia con 100.000 euros a celebración de festas e actividades socioculturais
O alcalde informou da apertura do prazo de solicitude das subvencións, que poden presentarse ata o 10 de maio, e valorou as festas como "unha forma de entender a nosa cultura".
Abel Caballero explicou este venres que, ata o 10 de maio, permanecerá aberto o prazo de presentación de solicitudes para as subvencións de festas na cidade ás que o Concello destina 100.000 euros, podendo financiar ata un máximo do 75% do presuposto de cada evento.
As axudas municipais oriéntanse a dous tipos de celebracións: as festas tradicionais e patronais, tanto no ámbito urbano como nas parroquias, e as actividades socioculturais de artes escénicas.
Para o rexedor, as festas viguesas con un "activo material da maior importancia. Apoiámolas e queremos apoialas cada vez máis porque son unha forma de entender a nosa propia cultura"
As bases da convocatoria están dispoñibles na páxina web www.vigo.org e nos servizos de festas e de información do Concello.