mércores, 26 abr 2017
PSOE e Marea acordaron esta mañá esixir á Consellería de Educación que acometa as obras de reforma das instalacións do IES Casares que permitan desenvolver as tarefas educativas en condicións de calidade. Esta moción socialista contou co voto en contra do Partido Popular.
mércores, 26 abr 2017
O concelleiro de Facenda, Jaime Aneiros, indicou que o Concello de Vigo abonou as facturas do primeiro trimestre do ano 12 días antes de que comece o prazo legal para facelo, cando a media das urbes en España ascende a 59 días. O goberno de Vigo presentou os datos no Pleno deste mércores.
mércores, 26 abr 2017
O alcalde avanzou que a Xunta de Goberno Local de mañá xoves aprobará o convenio polo cal o Concello achegará 100.000 euros para respaldar a Feira de Conxemar. Caballero tamén informou dunha nova subvención á Rede de Mulleres Veciñais contra os Malos Tratos e demandou da Xunta de Galicia apoio á nomeada entidade.<br />
mércores, 26 abr 2017
O Mercado do Progreso acolleu este mércores a iniciativa "Degusta Europa" da Deputación de Pontevedra coa que alumnado dos CIFP Carlos Oroza e Manuel Antonio prepararon tapas para os clientes. "Esta é a forma moderna de entender os mercados na cidade, amosando a nosa capacidade como núcleo de atracción turística", sinalou Caballero, quen eloxiou o programa por poñer de relevo a gastronomía "feita por xente de aquí e con produtos de aquí". Ademais o rexedor, acompañado pola presidenta Carmela Silva, aludiu ao bo momento que vive o turismo en Vigo que chega a niveis "que non viviramos nunca".