O goberno de Vigo apoia con 100.000 euros a celebración da Feira de Conxemar
O alcalde avanzou que a Xunta de Goberno Local de mañá xoves aprobará o convenio polo cal o Concello achegará 100.000 euros para respaldar a Feira de Conxemar. Caballero tamén informou dunha nova subvención á Rede de Mulleres Veciñais contra os Malos Tratos e demandou da Xunta de Galicia apoio á nomeada entidade.<br />
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, adiantou que este xoves o goberno local aprobará o convenio de apoio a Conxemar, feira que o Concello respalda con 100.000 euros.
Caballero recordou que Conxemar, que emprega a 16 persoas, non poderá contar coa ampliación do IFEVI para a súa Feira deste ano. O Concello está actualmente no proceso de expropiación do solo mais os prazos son breves e cos trámites doutras administracións competentes na materia "non dará tempo".
O goberno de Vigo tamén dará luz verde mañá a un novo convenio coa Rede de Mulleres Veciñais contra os Malos Tratos, outros 30.300 euros que se engaden aos 45.500 euros validados precisamente a semana pasada en favor desta Asociación.
Cun apoio económico próximo aos 76.000 euros nas dúas últimas semanas, o rexedor vigués fixo una "reflexión política" e demandou á Xunta de Galicia respaldo para unha asociación que traballa con mulleres vítimas de violencia machista. Caballero solicitou explicacións ao goberno autonómico sobre por que non apoia á entidade.
Por último, o goberno de Vigo aprobará mañá un convenio con Alborada, a Asociación Cidadá de Loita contra a Droga, por valor de 10.000 euros, e un segundo coa Asociación Española contra o Cancro, de 7.000 euros.