O alcalde pon en valor a gastronomía viguesa como núcleo de atracción turística
O Mercado do Progreso acolleu este mércores a iniciativa "Degusta Europa" da Deputación de Pontevedra coa que alumnado dos CIFP Carlos Oroza e Manuel Antonio prepararon tapas para os clientes. "Esta é a forma moderna de entender os mercados na cidade, amosando a nosa capacidade como núcleo de atracción turística", sinalou Caballero, quen eloxiou o programa por poñer de relevo a gastronomía "feita por xente de aquí e con produtos de aquí". Ademais o rexedor, acompañado pola presidenta Carmela Silva, aludiu ao bo momento que vive o turismo en Vigo que chega a niveis "que non viviramos nunca".
