Caballero subliña o "compromiso político" da obra de Ánxel Huete, exposta no MARCO de Vigo
Este venres presentouse no Museo de Arte Contemporánea de Vigo "Ánxel Huete. Unha revisión crítica", unha mostra aberta ata o 17 de setembro que repasa a traxectoria do creador. Caballero eloxiou a arte de Huete, en contacto co social, e formando parte dunha xeración que transformou o país "desde o compromiso político, desde a acción artística".
Este venres presentouse a nova mostra do Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO), a primeira presentación que fai un museo da traxectoria de Ánxel Huete (Ourense, 1944), artista indispensable para comprender o discorrer da produción artística en Galiza nas últimas décadas.
Na súa intervención, o alcalde de Vigo expuxo que Huete forma parte dunha xeración que transformou o país "desde o compromiso político, desde a acción artística". Caballero salientou o contacto co social da súa arte e eloxiou unha exposición "fantástica, espléndida", de "enorme calidade artística".
Defensor da arte como motor de transformación social, Ánxel Huete compaxinou o labor plástico coa militancia política e a activa participación na organización de eventos fundamentais para a renovación da arte galega e dos seus modos de organización: a exposición de esculturas ao aire libre do Parque municipal do Castro (Vigo, 1974), as mostras da Praza da Princesa (Vigo, 1975), Atlántica (1980-1983), a Asociación Galega de Artistas Visuais (creada en 1997) ou o Foro da Cultura Galega (1999-2001).
As discusións sobre arte e ideoloxía e a reflexión que o artista fai sobre a necesidade de abandonar o concepto que comprende a pintura como un instrumento referencial e mimético entre realidade exterior e produción pictórica —como recurso de representación— son parte fundamental do seu pensamento, non só durante a época de formación senón tamén en traballos recentes. Na exposición proponse un percorrido polos momentos e lugares que caracterizan cinco décadas de produción artística, nas que a súa obra camiña cara unha progresiva sintetización da imaxe pictórica, tanto nas pezas monocromáticas, nas distribucións reticulares ou na firme decisión do autor de reducir a análise da pintura ao estatuto simbólico do signo.
A dialéctica vai acompañar sempre o seu traballo, onde o diálogo dase dentro da amplitude da abstracción: os elementos de orixe icónica deslízanse cara o símbolo para desaparecer por ocultación, e a pesar de ser borradas, aínda son visibles as formas. A consideración da abstracción como un recurso operativo levará a Huete a concibir a arte como unha codificación e a entendela como un sistema de signos froito de convencións que deben ser aprendidas na súa especificidade.
A exposición, comisariada por Agar Ledo, responsable de exposicións do MARCO, se enténdese como unha oportunidade para estudar e reinterpretar o noso pasado máis recente a través da traxectoria de Ánxel Huete, revisión que vén acompañada dun libro —coeditado por Anxo Rabuñal e Agar Ledo, deseñado por Xosé Salgado e Lía Santana, e con achegas de Rosalía Pazo Maside, Manuel Pérez Rúa ou Isaac Pérez Vicente— que sirve de espello ao contexto social e cultural das últimas décadas.
Descargar todas as imaxes