Escoitar

O Concello celebra o Día Internacional da Danza cunha gran gala no Mar de Vigo

O alcalde presentou este venres as accións programadas polo goberno de Vigo para conmemorar o Día Internacional da Danza, este sábado 29 de abril. Ás 20 horas, con entrada gratuita, a gala oferta trinta actuacións de distintos estilos a cargo de grupos de 18 centros de danza da cidade.

venres, 28 abr 2017
1493383667danza.JPG
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, a concelleira de Festas, Ana Laura Iglesias, e a organizadora da gala, Lorena López, presentaron este venres Vigo Danza, as accións municipais para celebrar o 29 de abril, Día Internacional da Danza.

Caballero informou que este sábado, ás 20 horas, o Auditorio Mar de Vigo acollerá unha gran gala cunha treintena de actuacións a cargo de 18 centros de danza da cidade. O evento será de entrada gratuita con invitación, a recoller no propio recinto. "Todo Vigo ten que estar", avanzou o alcalde, polo "poderío" das propostas.

Todos os grupos da gala son de Vigo e ofrecerán danza en distintos estilos: Hip-Hop, Musical, Flamenco, Salsa, Fusión, Neoclásico, Bachata, etcétera. Participan os centros de danza Galirockers, Allegro Escuela de Danza, BailaVigo, Ballerina Coliseum, Casa de Andalucía, Centro de Danza Pau Izard, Club de Baile Deportivo Pasos – BaileGalicia, Compañía de Danza Porté, Dance Academy, Escuela de Baile Arte&Danza, Escuela de Baile Bambalina, Escuela de Baile Unidance, Escuela María Rial, Gimnasio Escuela Kiap, Grupo Giro's, Instituto de la Salsa, Media Punta e New Era.

En paralelo, o goberno vigués organiza tamén na tarde deste sábado actuacións de folclore en distintos puntos da cidade, deste volta coa participación de catorce grupos: Andarela, O Fiadeiro, Os Ventos de Comesaña, Valladares, Corisco, Queixumes, Froles Novas, Helios, A Buxaina, Monteira, O Coto, Traspés, Atlántida de Matamá e Cotogrande de Cabral.
Descargar todas as imaxes