venres, 5 mai 2017
Os expedientes foron aprobados pola Xunta de Goberno Local e o alcalde puxo en valor a "cooperación" da Deputación de Pontevedra, pois o organismo provincial presidido por Carmela Silva cede a titularidade de ambos viais e sufraga unha "parte importantísima" dos 6,5 millóns reservados para as dúas humanizacións.
venres, 5 mai 2017
O Salón da Construción de Galicia abriu esta mañá as súas portas no Ifevi co congreso profesional "Renovación urbana e novas tecnoloxías". Na inauguración, Caballero felicitou aos promotores e participantes porque mobilizarán a importante capacidade de emprendemento que ten este territorio.
venres, 5 mai 2017
O alcalde cualificou a interculturalidade como un valor social fundamental durante a súa participación nunha xornada organizada esta mañá no Ceip García Barbón baixo o proxecto "Contigo convivo".
venres, 5 mai 2017
Ao igual que outras cidades do mundo, Vigo súmase á campaña de concienciación e visibilidade da enfermidade de Huntington e iluminará de azul e púrpura as fontes da rúa Aragón na noite deste venres, a partir das 21:30h. Así o informou esta mañá o alcalde, Abel Caballero.
venres, 5 mai 2017
Abel Caballero mantivo un encontro este venres co embaixador británico, Simon John Manley, con quen abordou cuestións institucionais e de actualidade dos dous países. Ademais, segundo comentou o rexedor, tiveron a oportunidade de comentar o partido disputado este xoves en Vigo entre o Celta e o Manchester United e amosouse optimista ante o vindeiro partido.
venres, 5 mai 2017
O concelleiro de Deportes, Manel Fernández, presentou hoxe a trixésima edición da Festa Infantil do Kárate, organizada pola Agrupación Deportiva Zanshin e apoiada polo Concello, que se vai celebrar este sábado (17:00 horas) no pavillón de Bouzas con entrada gratuíta.<br />