Escoitar

A sala de lectura municipal abrirá as súas portas de luns a domingo entre as 09,00 e as 21,00 h

A biblioteca do Auditorio Mar de Vigo aportará 400 postos de lectura á cidade, unha cifra que se vai sumar ás que xa existen na Casa do Patín, inaugurada o pasado martes. Deste xeito, o Concello avanza na cobertura dunha gran demanda de postos de lectura detectada na cidade.

xoves, 4 mai 2017
1493902230lectura.JPG
O alcalde e a presidenta da Deputación inauguraron esta mañá a biblioteca municipal do Auditorio Mar de Vigo. Trátase, sinalou Caballero, da sala lectura máis grande de toda Galicia, con 1.200 m2 e 400 postos. O horario de apertura será de 09,00 a 21,00 h de luns a domingo e se ampliará na época de exames. A esta posta en marcha, sumamos a recentemente inaugurada Casa do Patín, que tamén vén cubrir unha gran demanda de postos de lectura na cidade.
Descargar todas as imaxes