O Concello reforzará o transporte e a seguridade ante a visita do Manchester United
O goberno de Vigo ultima as medidas de cara á semifinal de mañá xoves entre o Real Club Celta e o Manchester United, con reforzos nos autobuses urbanos a Balaídos, barras, servizos e contedores no Casco Vello e uns 140 efectivos da Policía Local para o dispositivo despregado na cidade polas forzas de seguridade.
O segundo tenente de alcalde, David Regades, explicou este mércores as medidas que ultima o goberno de Vigo para reforzar o transporte e a seguridade de cara ao partido que enfronta mañá xoves ao Real Club Celta de Vigo e o Manchester United.
A expensas do resultado dunha reunión de coordinación que se celebra esta mañá entre as distintas forzas que conforman o dispositivo de seguridade, Regades avanzou que a Policía Local contará cun reforzo de efectivos na noite do mércores ao xoves e durante toda a xornada de mañá, incluíndo a noite do xoves ao venres. Uns 140 axentes da Policía Local tomarán parte no operativo, segundo as estimacións adiantadas polo segundo tenente de alcalde.
No tocante ao Casco Vello, e consensuado cos hostaleiros, o Concello autoriza a trece locais da zona vella a colocar barras exteriores ante cada establecemento, retirando as terrazas e servindo en envases de plástico, hoxe e mañá xoves. Engadiu Regades ao efecto que se habilitarán 20 servizos públicos portátiles na Praza da Constitución, Praza da Princesa, de Joaquín Yañez, de Almeida e da Pedra, ademais de incrementarse o número de contedores de lixo nestes espazos e os servizos de limpeza no caso histórico.
Por outra banda, anunciou Regades un aumento do servizo de transporte público para mañá xoves. Haberá autobuses para entre 400 e 700 seguidores do equipo inglés, que partirán desde A Laxe ás 18:30 horas en dirección a Balaídos escoltados por axentes da Policía. Ademais, o Concello disporá das liñas que habitualmente prestan servizo ao estadio (L5A, L7, L8, L11, L12B, L17, L27 e H2) e intensificará as liñas L16 e L23. Ao remate do encontro estarán dispoñibles as lanzadeiras -Fútbol 1, 2 e 3- para a saída de Balaídos en distintas direccións.
O segundo tenente de alcalde, David Regades, fixo un chamamento ao uso do transporte público como a forma "máis segura, cómoda e rápida" de acceder ao estadio municipal de Balaídos para o partido de ida das semifinais da UEFA Europa League, encontro para o que non quedan entradas á venda.