O goberno local chama ao sector e á cidade a participar esta fin de semana no Salón da Construción
O segundo tenente de alcalde, David Regades, participou este mércores na presentación da sexta edición desta feira internacional que se desenvolve entre o 5 e o 7 de maio no Recinto Feiral de Vigo.
No nome do alcalde, o concelleiro David Regades, transmitiulle á organización os seus parabéns e agradecemento polo traballo realizado para facer posible a celebración do Salón da Construción, SICO, en Vigo. O evento, dixo, permitirá "amosar a ilusión e o músculo da cidade" en relación con este sector.
Así, Regades fixo un chamamento á participación na feira dos profesionais e da cidadanía porque atoparán información en materia de aforro enerxético "que poderán aplicar nos seus domicilios e que lles supoñerán un aforro" ou para ver as ofertas directas das inmobiliarias que serán "exclusivas para a feira". Engadiu o edil que a participación do sector da construción será clave porque se abordarán temas de relevancia como a mellora da produtividade, a eficiencia con demostracións reais ou a aplicación de novos procedementos e tecnoloxías.
O segundo tenente de alcalde felicitou aos responsables de SICO 2017, en representación de Abel Caballero, "nun momento difícil no que comezan a percibirse síntomas de recuperación" e destacou que conseguiran aumentar o número de empresas expositoras grazas á "forza, valor, paixón e esforzo persoal e económico" co que fan posible a celebración de eventos desta categoría na cidade, contando sempre co apoio do Concello e das administracións.
Na presentación do Salón da Construción 2017 celebrada na Cámara de Comercio estiveron presentes José García Costas e Javier Arnau, presidente e director de SICO 2017, así como o Delegado Territorial da Xunta en Vigo.
Descargar todas as imaxes