O Auditorio Municipal acolleu as regueifas de 280 estudantes de 5º e 6º de Primaria
Douscentos oitenta alumnos de 5º e 6º de Primaria participaron esta mañá no Festival Escolar de Improvisación Oral que se organizou no Auditorio Municipal. Caballero cualificou de "excepcional ver a tantos nenos cantar regueifas nesta forma especial de improvisar en galego".
Abel Caballero achegouse esta mañá ao Auditorio Municipal onde douscentos oitenta alumnos de 5º e 6º de Primaria de sete centros educativos da cidade "regueifaban" dentro do Festival Escolar de Improvisación Oral. Caballero cualificou de "excepcional ver a tantos nenos recitar en galego nesta forma especial de improvisar en galego".
En total participaron neste Festival uns 700 alumnos, procedentes de 14 centros de ensino da cidade. Os alumnos amosou nesta xornada as composicións que crearon nos obradoiros e atrevéronse a crear novas rimas.
Descargar todas as imaxes