Alcalde e Empresarios comparten o "obxectivo irrenunciable" do AVE directo a Vigo
Caballero reiterou que Vigo se xoga entrar no mapa da alta velocidade ferroviaria e a súa "centralidade" na conexión de Oporto con Madrid. O rexedor, reunido este martes co presidente do Círculo de Empresarios de Galicia, Juan Güell, denuncia as "intencións" do Goberno de España de non acometer o AVE directo a Vigo por Cerdedo. <br />
En declaracións posteriores á reunión, o alcalde vigués recordou que a cidade quedou fóra da Alta Velocidade hai dezaseis anos, por decisión de Aznar e Fraga desde os gobernos de España e Galicia, "que nos mentiron e nos enganaron" cando aseguraron que habería unha conexión polo río Miño. Hoxe, engadiu Caballero, "coñecemos as intencións" do goberno de Rajoy de non construir a variante de Cerdedo, despois de que non se movera "nin un só papel" nos últimos cinco anos. "Non o di Abel Caballero, o dixo o ministro", apuntou.
O alcalde manifestou que comparte cos empresarios a "importancia" da conexión directa do AVE para Vigo, que é un "obxectivo irrenunciable". Abel Caballero, quen está a celebrar unha rolda de contactos para pulsar a opinión da cidade sobre a alta velocidade directa, ve unha "inmensa onda" en favor desta conexión á que "non imos renunciar".
"Neste momento se está xogando para sempre o tren de Alta Velocidade para Vigo", sinalou o primeiro edil. "Se aceptamos ir por Santiago estaremos fóra da rede de Alta Velocidade", explicou, pois Oporto elixirá Lisboa para ir a Madrid e non Vigo, perdendo así a "centralidade" no territorio. "Estamos perdendo unha oportunidade histórica, que é a centralidade de Vigo no sistema de tren de alta velocidade Oporto-Vigo-Madrid, nunha poboación de catro millóns de persoas", concluíu Abel Caballero.
O rexedor vigués advertiu de que, "se non sae o tren de alta velocidade neste momento, nunca máis volverá haber esta ocasión para Vigo, e nos quedaremos marxinados do tren de alta velocidade en España e en Europa", cando a rede do AVE está a chegar a todas partes, "a todas partes menos a Vigo", denunciou Caballero.
Descargar todas as imaxes