Caballero manifesta a súa "máis absoluta repulsa" polo atentado en Berlín
No nome de todos os Gobernos Locais españois, o alcalde de Vigo e presidente da FEMP trasladou a súa solidariedade ás familias e ao pobo alemán "ferido por este acto de barbarie inexplicable". As bandeiras do Concello ondean a media hasta.
O rexedor vigués e presidente da FEMP manifestou este martes a súa "máis absoluta repulsa aos graves e dolorosos feitos acontecidos onte en Berlín, que causaron a morte de 12 persoas e que deixan case un centro de feridos.
Abel Caballero trasladou a "nosa solidariedade coas familias dos afectados, cos berlineses, as autoridades da cidade e co pobo alemán, ferido por este acto de barbarie inexplicable" engadindo que "quen desprezan a liberdade, a convivencia e a vida, xamais poderán dobregarnos".
No nome de todos os Gobernos Locais españois, o presidente da FEMP asegurou que "hoxe todos somos Berlín porque a liberdade, a democracia e o estado de dereito son os principios de todas as corporacións locais españolas e a forma que temos de entender a vida".
Como mostra de homenaxe ás vítimas do atentado, as bandeiras do Concello ondean a media hasta dende hoxe.