O Concello organiza obradoiros escolares para visibilizar a contribución da muller á ciencia
O 11 de febreiro é o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia e o Goberno de Vigo conmemora a xornada con obradoiros nos que estudantes de 5º e 6º de Primaria e 1º e 2º da ESO coñecerán a obra de científicas relevantes.
![Cartel da iniciativa municipal](https://xornal.vigo.org/storage/images/opt/9YpWVOTAwbtj6GoGDEO5kFSrFOCpj0te1ESRdh8y.jpeg)
“Queremos que as chicas se aproximen ao campo da ciencia”, explicou o alcalde en rolda de prensa, posto que o proxecto busca achegar ás estudantes ao eido científico en galego, ademais de visibilizar a contribución das mulleres á ciencia.
Os obradoiros se realizarán do Museo Verbum do 11 ao 17 de febreiro -ampliouse ata o luns 17-, con dúas sesións diarias ao longo da mañá, dirixidos a alumnado do último ciclo de Primeira e do primeiro de Secundaria. Segundo revelou Caballero, a finalidade do proxecto é que os participantes coñezan a obra de científicas relevantes, realicen prácticas investigadoras e achegar ás estudantes á rama científica.