Escoitar

O alcalde celebra o inicio das obras de recuperación da muralla do Castro

O convenio asinado polo Concello e o Ministerio de Fomento, cun investimento de 785.000 euros, permitirá "poñer en valor unha parte importantísima do patrimonio de Vigo"

xoves, 6 feb 2020
Acto de colocación da primeira pedra ante as Murallas do Castro.
Acto de colocación da primeira pedra ante as Murallas do Castro.

Abel Caballero e Carmela Silva asistiron este xoves ao acto simbólico de colocación da primeira pedra nas obras de recuperación e posta en valor da muralla do Castro, que se executan en virtude do convenio asinado polo Concello e o Ministerio de Fomento cun orzamento de 785.000 euros e 7 meses de prazo, adxudicada á UTE Emergis-Prace.

Para o rexedor, a obra permitirá “poñer en valor unha parte importantístima do patrimonio de Vigo. Isto é un baluarte, unha muralla que significa tanto na historia da cidade, que sobrevive grazas á súa capacidade de defensa en etapas de hostilidade bélica”, destacando que as diferentes fases da muralla garanten que Vigo siga cumprindo o seu papel desde hai “350 anos”.

O alcalde agradeceu “moitísimo” ao Ministro de Fomento a súa cooperación para o desenvolvemento deste proxecto. No acto participou Antonio Iglesias, técnico do Ministerio, que explicou que a obra comprende tres eixos fundamentais: a recuperación de tramos deteriorados da muralla, unha segunda liña de recuperación da accesibilidade á entrada principal orixinal pola porta do Baluarte do Diamante, potenciando o camiño actual que está difuminado, e que terá como complemento un “meet point, unha zona estancial con gradas para que a cidade teña un punto singular de encontro” e, en terceiro lugar, apuntou que se poñerá en valor o monumento coa iluminación de todo o conxunto e mediante a tala selectiva de exemplares que están moi próximos á muralla.

Descargar todas as imaxes