Escoitar

Manel Fernández anuncia o récord da Calvario 5+5, cuns 1.200 atletas este domingo

O concelleiro de Deportes, Manel Fernández, anunciou hoxe, na presentación da terceira edición da carreira Calvario 5+5, este domingo (10:30 horas), que xa está garantido "o récord de inscricións na proba”, ao achegarse preto dos 1.200 participantes entre atletas sénior (para a 5K e a 10K) e nenas e nenos para as carreiras de menores. Deles, 946 puntuarán na Run Run Vigo entre o 5.000 e o 10.000.

xoves, 6 feb 2020

É a segunda proba do circuíto Run Run Vigo 2020”, subliñou o edil, que lembrou que este é o primeiro ano no que a carreira figura no circuíto municipal.
Na presentación, o responsable político do deporte vigués estivo acompañado por Roberto Rey, atleta e organizador, e Raúl Fontán, presidente da asociación veciñal do Calvario, ademáis de Carlos Pérez como atleta olímpico e de Luis Piña, adestrador da paralímpica Susana Rodríguez Gacio, que é a madriña desta edición.
A carreira vai ser “duriña”, explicou Rey, pois mantén o mesmo percorrido de 2018 e 2019. Ademais, Rey sinalou que haberá medallas para a totalidade de rapaces e rapazas nas catro carreiras de menores (de 80, 700, 1.400 e 2.100 metros). “Non me gustan os podios nestas probas de base”, explicou.
A Calvario 5+5, que pecha hoxe a inscrición, crece e moito. “Un 35% sobre 2019”, manifestou Manel Fernández, que felicitou á organización polo seu traballo. Rey, ademáis, indicou ao fío disto que “mentres decaen en otras ciudades, en Vigo a participación crece”.
Outra novidade é que tanto a 5K como a 10K puntuarán para o Run Run Vigo. Este ano Terán saída conxunta ás 10:30 horas, e as probas de promoción comezarán ás 11:45.
A Calvario 5+5 sairá fronte ao mercado do Calvario e discorrerá pola rúa peonil, Toledo, Cronista Espinosa, Aragón, Travesía de Vigo, Aragón, Jenaro de la Fuente, Gregorio Espino e Urzaiz.

Descargar todas as imaxes