Máis de 4.000 rapaces en carreira pola lingua

mércores, 14 mai 2003

A praza do Rei foi o punto de partida dos linguatletas do Correlingua 2003, que recollían o testemuño da etapa celebrada o día anterior no Baixo Miño. Máis de 4.000 rapaces de Vigo, Nigrán e O Porriño participaron no percorrido entre o Concello e o parque de Castrelos. O acto de inicio da marcha, conducido polo cantante Xurxo Souto, contou coa presencia da deportista Chus Lago, o escritor Xosé María Álvarez Cáccamo e os concelleiros de Normalización Lingüística, Carme Corbalán e de Xuventude, Santiago Domínguez. O alcalde, Lois Pérez Castrillo, deu a saída aos corredores a prol da lingua.