Presentada a candidatura de Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués

venres, 23 abr 2004

O Verbum acolleu, na mañá do venres, o acto de presentación da proposta de candidatura do Patrimonio Inmaterial Galego_portugués á obra mestra da Unesco, realizada pola Asociación Cultural e Pedagóxica Ponte...nas ondas! de ámbito galego-portugués e integrada por centros educativos das dúas marxes do Miño. A Asociación propón aos gobernos español e portugués que presenten diante da UNESCO a candidatura do Patrimonio Inmaterial galego-portugués como candidatura multinacional avalada polos dous Estados para ser recoñecida como Obra Mestra do Patrimonio Inmaterial.

Nova edición dos curso de Ciberlingua

xoves, 12 feb 2004

O Concello de Vigo participa na nova edición de Ciberlingua, un programa de dinamización lingüística destinado á comunidade educativa baseado no coñecemento e difusión do emprego de internet e dos recursos que ofrece en galego. Este ano Ciberlingua tamén programa obradoiros destinados as asociacións de pais e nais e calquera outro tipo de asociación.