martes, 13 dec 2005
O Servizo de Normalización Lingüística do Concello e a Universidade de Vigo organizan o próximo día 22 unha xornada de sensibilización e información sobre a situación actual, os retos futuros e as dificultades presentes na actualidade respecto da vitalidade da lingua galega en dous sectores clave: o mundo socio-económico e o ámbito da comunicación.
mércores, 9 nov 2005
A partir do próximo sábado 12, os nenos e nenas entre 9 e 12 anos poden participar no obradoiro do Servizo de Normalización Lingüística do Concello "O falar non ten cancelas", co que se pretende que aprendan as utilidades da lingua dun xeito divertido.
xoves, 22 set 2005
O Concello e a asociación "Ponte…nas ondas" asinaron un convenio de colaboración na salvagarda, coñecemento e protección do patrimonio inmaterial oral galego-portugués como obra mestra do patrimonio oral da humanidade.
mércores, 14 set 2005
O Servizo de Normalización Lingüística organiza cursos obradoiros de ortografía galega, adaptación normativa e lexislación lingüística. As actividades, de carácter gratuíto, están dirixidas á cidadanía en xeral e celebraranse os meses de setembro e outubro no Edificio Asefal na na Biblioteca Central.
xoves, 23 xuñ 2005
O Servizo de Normalización Lingüística abre o prazo de inscrición para os cursos de galego de carácter gratuíto de iniciación e perfeccionamento.
venres, 20 mai 2005
O Servizo de Normalización Lingüística (SNL) do Concello de Vigo continúa apoiando a través de diversas actividades a candidatura do patrimonio inmaterial galego-portugués a obra mestra da humanidade, distinción que concede a UNESCO.
venres, 13 mai 2005
A alcaldesa, Corina Porro, presidiu na Casa Galega das Artes a xunta constitutiva do Consello Social da Lingua Galega de Vigo. Esta entidade, composta por diversas institucións, colectivos e empresas, pretende contribuír á normalización do galego no noso municipio.
mércores, 11 mai 2005
Máis de 3.000 escolares dos centros de ensino de Vigo participaron na 8º etapa da presente edición do Correlingua, baixo o lema "Galego: un bico na lingua". A alcaldesa, Corina Porro, animou os cativos antes da saída da carreira para "que dos vosos labios xurdan palabras que falen de nós".
martes, 10 mai 2005
Baixo o lema de "GALEGO: UN BICO NA LINGUA", máis de 3.000 escolares dos centros de ensino de Vigo e comarca van tomar as rúas da nosa cidade para participaren na 8º etapa da presente edición do Correlingua.
xoves, 5 mai 2005
O Concello de Vigo quere sumarse ás celebracións do 17 de maio, Día das Letras Galegas dedicado este ano a Lorenzo Varela, cunha serie de actuacións a través do seu Servizo de Normalización Lingüística, como a proxección de cinema en galego, obradoiros de regueifas, unha carreira a favor do galego e o programa "Ponte nas ondas".