Vigo celebra o Día das Letras Galegas
venres, 15 mai 2009O Concello organiza esta fin de semana actividades para celebrar o Día das Letras Galegas que este ano homenaxea a Ramón Piñeiro.
O Concello organiza esta fin de semana actividades para celebrar o Día das Letras Galegas que este ano homenaxea a Ramón Piñeiro.
A concelleira de Normalización Lingüística, Iolanda Veloso, anunciou este luns que a terceira edición do concurso Lingua de Amor inclúe unha nova modalidade adicada ás cancións. Na presentacion do concurso, no que tamén participou a secretaria xeral do Consello da Xuventude, Azucena Rodríguez, a edil do BNG explicou que a data límite para enviar tanto as declaracións de amor, como as cancións de amor, é o 10 de maio.
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, e a concelleira de Normalización Lingüística, Iolanda Veloso, presentaron hoxe "O meu primeiro libro", o agasallo que o Concello dará a todos os nenos e nenos que nazan en Vigo.Os obxectivos desta iniciativa son "achegar aos cativos e cativas desde o primeiro momento da súa vida á nosa lingua e a nosa cidade".
El teniente de alcalde, Santi Domínguez, y la concejala de Normalización Lingüística, Iolanda Veloso, presentaron hoy "Mi primer libro", el regalo que el Ayuntamiento dará a todos los niños y niñas que nazcan en Vigo. Los objetivos de esta iniciativa son "acercar a los pequeños y pequeñas desde el primer momento de su vida a nuestra lengua y nuestra ciudad".
A concelleira de Normalización Lingüística, Iolanda Veloso salientou este mércores a necesidade de recuperar a toponimia tradicional de Vigo durante o acto de presentación da obra "Toponimia do Val do Fragoso-Coia". A edil do BNG explicou que este volume, froito do traballo de colaboración do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo e a Universidade de Vigo, recolle a microtoponimia de Coia da man do investigador Iván Sestay Martínez.
La concejala de Normalización Lingüística, Iolanda Veloso destacó este miércoles la necesidad de recuperar la toponimia tradicional de Vigo durante el acto de presentación de la obra "Toponimia del Valle del Fragoso-Coia". La edil del BNG explicó que este volumen, fruto del trabajo de colaboración del Servicio de Normalización Lingüística del Ayuntamiento de Vigo y la Universidad de Vigo, recoge la microtoponimia de Coia de la mano del investigador Iván Sestay Martínez.
Tras a súa estadía en Bruxelas, a exposición da Secretaría Xeral de Política Lingüística "As nosas palabras, os nosos mundos" chega á Estación Marítima de Vigo, onde permanecerá do 24 de outubro ao 7 de novembro. Na cidade olívica, a mostra incidirá no plurilingüismo como unha oportunidade de negocio, xa que cada vez son máis os consumidores que reclaman ser atendidos na súa lingua. Neste sentido, a mostra pon de manifesto o uso do galego como un valor engadido para mellorar a competitividade das empresas.
A concelleira de Normalización Lingüística do Concello de Vigo, Iolanda Veloso, presentou este martes o programa de Voluntariado de Activación Lingüística, unha iniciativa deseñada pola Mesa pola Normalización Lingüística para promover a cultura e a lingua galega e para activar a solidariedade e o intercambio cultural. O programa se desenvolverá na cidade en virtude da colaboración da Concellería de Normalización Lingüística e a Universidade de Vigo manteñen coa Mesa pola Normalización Lingüística e coa Vicepresidencia da Xunta de Galiza.
O domingo 14 de setembro a partir das 12h. terá lugar na praza do Rei a II Festa dos Axóuxeres, espectáculo para bebés, cativos e as familias, onde gozar de actividades e actuacións especiais.
As concelleiras de Normalización Lingüística, Iolanda Veloso, e de Educación, Laura López Atrio, e o vicerreitor de Relacións Insitucionais da Universidade de Vigo, Iván Area, asinaron este xoves un convenio de colaboración para iniciar en setembro unha campaña de información sobre o ensino bilingüe en Galiza. "Está en vigor un decreto sobre o uso do galego e o español e queremos achegar información á comunidade educativa e á cidadanía en xeral sobre o seu contido e o seu desenvolvemento", explicaron as concelleiras do goberno local.