O tenente de alcalde presenta o libro có que o Concello agasallará aos nenos e nenas que nazan en Vigo
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, e a concelleira de Normalización Lingüística, Iolanda Veloso, presentaron hoxe "O meu primeiro libro", o agasallo que o Concello dará a todos os nenos e nenos que nazan en Vigo.Os obxectivos desta iniciativa son "achegar aos cativos e cativas desde o primeiro momento da súa vida á nosa lingua e a nosa cidade".
Santi Domínguez salientou que este libro pretende servir para que "desde ás idades máis temperás coñezan a súa cidade, que saiban que merece a pena vivir na nosa cidade cidade ao tempo que recollen a historia dos seus primeiros anos". A concelleria Iolanda Veloso incidiu en que "queriamos que fose un primeiro libro da súa vida un pouco especial, no que se reflectise claramente que e un neno ou unha nena que nacen en Vigo, e por iso o libro ten unha relación nos seus contidos coa cidade, e que son nenos e nenas que poden dicir as súas primeiras palabras en galego".
O libro, con ilustracións de Kiko Dasilva e a colaboración da editorial Galaxia, e segundo dixo o tenente de alcalde "un pequeno tesouro co que queremos agasallar aos nenos de entre 0 e 3 anos". O tenente de alcalde explicou que calquera pai ou nai que desexe facerse con el só ten que solicitalo no teléfono 986810218 ou a través do enderezo electrónico tenenciadealcaldia@vigo.org.
Descargar todas as imaxes