Escoitar

O Concello recibe de balde os espazos e instalacións deportivas da ETEA, que se abrirá o 10 de febreiro

O alcalde, Abel Caballero, explicou hoxe martes que esta tarde o Pleno da Zona Franca ratifica o convenio polo que o Concello recibe -"con custo cero" para as arcas municipais- os espazos e as instalacións deportivas da ETEA, que se abrirá o 10 de febreiro, segundo reiterou o rexedor. Ademais deste convenio, Concello e Política Territorial asinarán outro convenio complementario que "garante que o túnel de Julián Estévez se pon en marcha". <br />

martes, 3 feb 2009
1233669605etea.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, avanzou hoxe martes que esta o Pleno da Zona Franca ratifica o convenio acordado entre o Consorcio, a Xunta de Galicia e o Concello de Vigo para a cesión das instalacións da ETEA, das que o Concello recibirá -"con custo cero" para as arcas municipais- os espazos e as instalacións deportivas; en total, 51.000 metros cadrados dun total de 115.000.

Abel Caballero estimou que os espazos da ETEA se abrirán aos cidadáns o 10 de febreiro, ao tempo que unha empresa iniciará o acondicionamento das instalacións deportivas. A este respecto, o alcalde indicou que se precisa de adecuación como a dos tellados e a dos vestiarios, o que levará "unhas poucas semanas, máximo un mes", mentres que "a piscina tardará un pouco máis", salientou.

O convenio que hoxe martes ratificará o Pleno de Zona Franca estipula ademais que a Xunta de Galicia recibe as áreas científico-tecnolóxicas para a Cidade do Mar, así como unha zona de uso terciario vinculada a empregos náutico-deportivos. Polos terrenos da ETEA, valorados en 30 millóns de euros, a Xunta de Galicia paga á Zona Franca 18,5 millóns e o Concello, os 11,5 restantes. A Consellería de Política Territorial da Xunta de Galicia asumirá esta cantidade en base a un segundo convenio bilateral a asinar co Concello de Vigo.

Túnel de Julián Estévez
Por outra banda, e dun xeito complementario á ETEA, o alcalde explicou que o segundo convenio estipula que Política Territorial se fai cargo de 11,5 millóns de euros dos case 30 millóns que custa o túnel de Julián Estévez, segundo estima o Plan Xeral (para os millóns restantes se buscará financiamento, explicou Abel Caballero). O Concello recibe esta cantidade e a redirixe á ETEA, co que en definitiva é a Xunta de Galicia a que pasa a pagar os 30 millóns de euros totais ao Consorcio.

Este novo convenio bilateral "garante que o túnel de Julián Estévez se pon en marcha", salientou o rexedor vigués, pois ademais a Xunta de Galicia, a través da Consellería de Política Territorial, "inicia o túnel" ao asumir tamén o custo do proxecto da infraestrutura con cargo aos seus orzamentos, unha cantidade que ascende a 1,1 millóns de euros.
Descargar todas as imaxes