A relación entre artes visuais,cinema e literaura na exposición do MARCO "En calquera lugar, en ningún lugar"
A exposición ‘EN CALQUERA LUGAR, EN NINGÚN LUGAR’, coproducida polo MARCO de Vigo e o Centre d'Art La Panera de Lleida , móstrase desde o 30 de xaneiro nas salas do primeiro andar do MARCO.A exposición analiza as relacións entre artes visuais, cinema e literatura.
A exposición ‘EN CALQUERA LUGAR, EN NINGÚN LUGAR' analiza as relacións entre artes visuais, cinema e literatura, establecendo vínculos entre a película París-Texas, de Wim Wenders, a novela No camiño de Jack Kerouac, obras dos artistas Edward Ruscha, Bernd & Hilla Becher, Sophie Calle, Alberto García-Alix, Philip-Lorca diCorcia, Francesco Jodice, Chantal Akerman ou Candida Höfer; os cineastas Jacques Tati, Alain Tanner ou Wong Kar-Wai, e autores como Paul Auster, Ray Loriga, Georges Perec, Edgar Allan Poe, William S. Burroughs, Santiago Gamboa ou Jorge Luis Borges.
Co gallo desta mostra, o MARCO de Vigo e o Centre d'Art La Panera de Lleida publicaron dúas edicións trilingües do catálogo (galego-castelán-inglés e catalán-castelán-inglés) que inclúe, ademais de información e imaxes das obras en exposición, un texto do comisario, José Miguel G. Cortés, xunto a outros dous ensaios de Manuel Gausa —'Outro Logos, outro Locus'— e Javier García Montes—'Viaxe ao cuarto do lado'.
A converxencia de disciplinas artísticas co fin de construír un relato expositivo no que conflúan imaxe, arquitectura e literatura; ou tempo, lugar e memoria, é o leitmotiv que guiou o proxecto que José Miguel G. Cortés elaborou especialmente para o Centre d'Art La Panera de Lleida e o MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo.
Descargar todas as imaxes