O xoves iniciase a humanización da rúa Coruña e o luns 9, a do entorno do mercado de Bouzas
O alcalde, Abel Caballero, adiantou este luns que o vindeiro xoves, 5 de febreiro, se iniciarán os traballos de humanización da rúa Coruña, e o próximo luns, 9 de febreiro, comezarán os do entorno do mercado de Bouzas. O rexedor informou da aprobación hoxe en Xunta de Goberno Local do plan de seguridade e saúde das obras de mellora en Bouzas.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, adiantou hoxe luns tras a reunión ordinaria da Xunta de Goberno Local o inicio dos traballos de humanización da rúa Coruña -previsto para o vindeiro xoves, 5 de febreiro- e do entorno do mercado de Bouzas -o próximo luns, 9 de febreiro-.
Segundo informou o alcalde, o goberno local aprobou o plan de seguridade e saúde e o aviso previo da obra para a humanización do entorno do mercado de Bouzas, que da continuidade a mellora efectuada na Alameda Suárez Llanos, inaugurada o pasado 26 de decembro. A obra se alongará 4 meses e custará 276.000 euros.
Abel Caballero explicou que a mellora renovará a rede de saneamento e abastecemento na zona, a capa de rodadura, se substituirán as luminarias e se instalarán beirarrúas de granito, seguindo o modelo do resto de humanizacións que se están a realizar na cidade. Ademais, se cambiará o arbolado, que pasará á beirarrúa oposta á que ocupa actualmente por motivos de accesibilidade.
O alcalde indicou asemade que será preciso unha regulación do tráfico entre a rotonda das anclas ata o mercado, xa que é unha rúa que soporta unha alta densidade de vehículos.