Escoitar
Animación Sociocultural

Inscrición de concursos do Entroido 2008

Conforme o convenio de colaboración asinado polo Concello de Vigo coa Federación de Peñas "El Olivo" e coa Agrupación de Centros Deportivos e Culturais, convócanse os seguintes concursos relacionados co Entroido 2009:

venres, 30 xan 2009
-"Concurso de Coplas", que vai ter lugar o vindeiro 22 de febreiro, na praza de Compostela. O número máximo de participantes neste concurso limítase a oito, tendo como único criterio de selección a orde de presentación de solicitudes na oficina do Rexistro Xeral.

-"Concurso de Comparsas e Carrozas", cuxo desfile vai ter lugar os vindeiros sábado 21 e mércores 25 de febreiro (acompañamento ó cortexo do momo), por diversas rúas da cidade. A orde no desfile das comparsas e carrozas participantes decidirase por sorteo público, que terá lugar o día 18 de febreiro ás 12:00 horas na Casa do Concello.

-"Concurso de Disfraces", entre as persoas (individual, parella, tríos, etc..) que desfilen polo escenario que se instalará na Praza de Compostela o martes 24 de febreiro.

Comunícaselles a todos/as os/as interesados/as que as bases mailas solicitudes de inscrición se atopan á súa disposición na oficina de Información do Concello e que o prazo de presentación será desde o 30 de xaneiro ata o 13 de febreiro, ambos inclusive, a excepción do Concurso de Disfraces para o cal non é necesaria a inscrición previa.

Cadro de premios dos concursos do Entroido 2009:

COPLAS
1º premio: 600 €
2º premio: 400 €
3º premio: 200 €
5 accésit (non acumulábeis): 150 €

COMPARSAS
1º premio: 1.800 €
2º premio: 1.400 €
3º premio: 1.000 €
20 accésit ás comparsas que participen no desfile do sábado (non acumulábeis)
500 € (comparsas entre 20 e 50 compoñentes)
600 € (comparsas entre 51 e 80 compoñentes)
700 € (comparsas con máis de 80 compoñentes)

Premios especiais.-
800 € á comparsa máis festeira que participe nos desfiles dos días 21 e 25 (non acumulábel)
400 € á comparsa mellor caracterizada no cortexo de acompañamento no enterro do Momo (acumulábel ós premios e accésit anteriores).
200 € ás comparsas que participen nos 2 desfiles, cun mínimo de 20 participantes, e que estean mellor caracterizadas (máximo de 23 accésits,acumulábeis ós premios e accésit anteriores).

CARROZAS
1º premio: 400 €
2º premio: 300 €
3º premio: 200 €

DISFRACES
Categoría individual infantil: 75 €
Categoría individual xeral: 75 €
Categoría grupo infantil: 100 €
Categoría grupo xeral: 100 €