Escoitar

Abel Caballero e Carlos Mouriño asinaron o protocolo que garante a viabilidade do Celta

O alcalde e o Presidente do R.C. Celta de Vigo asinaron este venres o protocolo que permitirá á entidade saír do proceso concursal no que está inmerso. Alcalde, teniente de alcalde e o Presidente celeste mantiveron previamente unha reunión para acordar o texto, que non varía do actual. As tres partes acordaron que o Celta deixará Barreiro cando o Concello poña a súa disposición un novo campo municipal na Madroa.

venres, 30 xan 2009
1233324551firma2.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o Presidente do R.C. Celta de Vigo, Carlos Mouriño, asinaron este xoves formalmente o protocolo que garante a viabilidade económica da entidade celeste, unha rúbrica imprescindible para que o Celta conclúa con éxito o proceso concursal de acreedores.

A rubrica se efectuou ao remate dunha reunión a tres bandas celebrada entre o alcalde, o tenente de alcalde e o Presidente do Celta, na que acordaron que o protocolo que dará lugar ao convenio entre o Concello e o Club non varíe do actual, a fin de non modificar os activos cos que conta a entidade na actualidade e viabilizar o proceso concursal. Unha vez o Celta conclúa o concurso de acreedores, se ratificará o convenio.

Segundo informaron as partes ao remate da xuntanza -e de xeito independente ao convenio a rubricar-, goberno local e Celta acordaron que o Club devolva a cidade as instalacións de Barreiro cando o Concello, a través da Concellería de Deportes, poña a súa disposición un novo campo municipal na Madroa. Será entón cando o Celta pase a ocupar a nova dotación e Barreiro será empregado por outras entidades deportivas da cidade.

Por outra banda, a sociedade celeste disputará un partido amistoso a prol do fútbol base cada tempada que dispute na segunda división, que se convertirán en dous encontros por curso na máxima categoría futbolística. Ademais, tamén se acordou que o RC Celta comece a pagar desde hoxe os gastos de mantemento, luz e auga das instalacións deportivas municipais das que fai uso, tal e como xa recollía o protocolo.
Descargar todas as imaxes