Escoitar

O alcalde comprométese a promocionar o Salón do Automóbil para consolidar a Vigo como "a cidade do automóbil de España"

Abel Caballero mantivo este mércores unha reunión de preparación do XVIII Salón do Automóbil de Vigo, que se celebrará en maio, cos seus organizadores, aos que comprometeu promocionar o evento para ratificar a Vigo como "a cidade do automóbil de España". O alcalde lles ofreceu "todo o apoio posible" porque "a celebración deste Salón é unha inxección de optimismo para o sector", indicou o rexedor.

mércores, 4 feb 2009
1233755981salondoautomovil.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, ofreceu este mércores á organización do XVIII Salón do Automóbil de Vigo "todo o apoio posible" para consolidar á urbe como "a cidade do automóbil de España", para o que comprometeuse a promocionar o evento. O Salón se celebrará do 1 ao 10 de maio no Insitituo Ferial de Vigo.

Nun primeiro encontro celebrado na Alcaldía, Abel Caballero subiñou que "a celebración deste Salón é unha inxección de optimismo para o sector" da automoción, un dos que máis está a ser afetado pola crise, e "porque creo que a nosa ratificación como cidade do automóbil é moi importante para o noso emprego e para a nosa economía". O automóbil en Vigo tamén está a notar a crise, aínda que menos que outras cidades, segundo puntualizou o alcalde.
Descargar todas as imaxes